Mulleres de Velaluz en folga de fame pola “desprotección” das vítimas da violencia machista

Un grupo de representantes do BNG visia Velaluz no inicio da folga

As mulleres de Velaluz iniciaban ás 00.05 na Coruña, cando comezaba este martes 15, unha folga de fame “por un sistema de protección real de mulleres e nen@ vítimas de violencia de xénero”. 

Contra a indefensión das vítimas da violencia de xénero e d@s súas fill@s, dez mulleres da asociación Velaluz iniciaron esta noite unha forma de protesta que se tende a utilizar só en situacións extremas, a folga de fame. 

A vontade das mulleres é manter a folga ate que se asegure a protección de mulleres e crianzas que, ao seu ver, se atopan en situación insostíbel. A presidenta do colectivo, Gloria Vázquez fala do “maltrato” institucional  xudicial ao que se ven sometidas estas mulleres, despois de ter sufrido a violencia machista. Os recortes estanse a cebar de maneira especial neste colectivo afondando aínda máis na súa desprotección e, neste sentido, o salario da liberdade non conta con orzamento desde o es de xuño e tampouco hai casas ao dispor de mulleres que se ven na obriga de abandonar a súa vivenda, segundo denunciou a asociación. 
 
As mulleres de Velaluzuz iniciaron a folga de fame nun local próximo á Audiencia Nacional. Alí recibiron, nesta mesma noite, o apoio dun grupo de mulleres do BNG, entre elas Goretti Sanmartín, da Executiva Nacional, a deputada Carme Adán, a Concelleira Mª Xosé Bravo e a reponsábel comarcal de Acción Feminista Vitoria Louro que fixo público un comunicado no que mostra a súa solidariedade coas mulleres en folga de fame. Velaluz instaron tamén aos outros grupos políticos para que se dirixan tamén ao local onde manteñen a protesta.