O feminismo gañou o pulso ao PP

[Imaxe GZfoto]

O feminismo gañou o pulso ao Partido Popular. A retirada do anteproxecto de reforma da lei do aborto e a demisión de Gallardón mostran que a constancia na loita social pode facer quebrar un goberno.

 

“Unha vitoria do movemento feminista”. Esa é a valoración que desde a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto coinciden en oferecer a respeito da retirada do anteproxecto de lei para os dereitos do concibido e da muller grávida. Unha decisión anunciada por Mariano Rajoy á que se veu sumar, horas despois, a demisión do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón.

Da man de Margarida Corral e Rocío Fraga, integrantes da PGDA da Coruña valoramos a retirada do anteproxecto de lei de reforma, o papel xogado polo movemento feminista nesta decisión e o futuro da propia Plataforma. Ambas as dúas activistas concordan en apuntar o xurdimento deste colectivo como "histórico" e defenden a súa continuidade na defensa dos dereitos das mulleres, "non só do dereito ao aborto". 

Podes ler a reportaxe completa no número 115 de Sermos Galiza. Xa á venda na nosa loxa e nos quiosques do país.