Hoxe está previsto que cheguen a Galiza as primeiras 500 doses da vacina de Pfizer-BioNTech, que viaxan desde Guadalaxara. Precisamente nunha residencia desa localidade administrouse esta mañá por primeira vez, concretamente ás 9 horas.
A persoa que estreou as vacinacións no Estado español foi Araceli Rosario Hidalgo, interna da residencia de maiores Los Olmos de Guadalaxara desde o ano 2013 e nada en 1924. Uns minutos despois administróuselle a vacina a Mónica Tapias, nacida en 1972, técnico de coidados auxiliar de enfermería (TCAE) que traballa no devandito centro desde fai dez anos.
Araceli, que se santiguou antes de recibir a picada, confesouse "moi nerviosa". Tras recibir a inxección afirmou que non fora "nada", apenas "un pouquiño de proído". Unha vez recibida a primeira dose, deu as "grazas a deus" por ser vacinada.
Despois Mónica recibiu a vacina. Recoñeceu que era "un orgullo" ser a primeira sanitaria en recibila e lamentado que toda a xente que faleceu durante a pandemia "non puidese chegar a vacinarse".
"A ver se por fin acábase xa esta enfermidade", desexou a sanitaria, que seguirá coa súa xornada laboral no que queda do día, e fixo un chamamento a toda a poboación para que se vacine.