Un motorista de 38 anos faleceu en Oímbra tras bater contra un gardarraíl
Un motorista de 38 anos faleceu tras chocar contra un gardarraíl ao seu paso polo municipiode Oímbra, comarca de Verín.
Segundo informa a Garda Civil, o accidente produciuse na OU-1011 (Verín-Oímbra) á altura do quilómetro 1,100, en Pote Oímbra, cunha saída de vía pola marxe dereita da moto Honda e posterior choque contra a barreira de protección metálica.
O motorista, veciño de Oímbra e único ocupante do vehículo, facía uso do casco como elemento de protección.