Por que apareceu unha lápida na praia viguesa da Calzoa?

Unha crianza deposita flores na lápida que apareceu na praia da Calzoa, en Vigo. (Foto: Ana Prado Comesaña).

Na mañá desta terza feira apareceu na praia da Calzoa, en Vigo, unha lápida de pedra co ano 2018 inscrito nela. Algo que levantou a curiosidade de parte da veciñanza do lugar.

Na mañá desta terza feira apareceu na praia da Calzoa, en Vigo, unha lápida de pedra co ano 2018 inscrito nela. Algo que levantou a curiosidade de parte da veciñanza do lugar.

Para alén da propia lápida, veciñas e veciños próximas ao lugar achegáronse para depositar flores e velas ao pé da propia lápida.

A lápida na praia da Calzoa (Foto: Ana Prado Comesaña).

Aparentemente, a lápida xunto coas flores e velas simbolizan a morte da praia, mais, cal é o motivo?

En 2018, ano que aparece inscrito na lápida, a Calzoa foi declarada como 'praia canina', polo que cans poden entrar libremente ao areal da mesma.

Isto foi algo que se fixo en contra dos argumentos de grupos de conservación e expertos do ámbito académico, segundo informou a este xornal a bióloga Ana Prado Comesaña.

Risco para os ecosistemas

De feito, até a Unión Europea (UE) recoñeceu o risco que isto supuña para os ecosistemas e especias protexidas por directivas europeas. Até colectivos de animalistas cualificaron a decisión como "chapuza".

Colectivos de investigadores xa se referiran a esta decisión en agosto deste ano, alertando de que os cans poden ser moi prexudiciais e os principais causantes do deterioro do areal da praia.

Máis de 3.000 firmas, 50 asociacións e colectivos e 15 miembros da comunidade científica reclaman a protección deste enclave.