A plataforma cívica da comarca convoca un roteiro na defensa do patrimonio natural

O Morrazo apura o paso polos seus montes

Imaxe doutro dos roteiros organizados pola plataforma en defensa dos montes do Morrazo (Plataforma)
A plataforma en defensa dos montes do Morrazo convoca este domingo un roteiro para dar a coñecer os valores ambientais, culturais e etnográficos do Monte do Cabalo e a contorna da enseada da Larache, un espazo natural costeiro ubicado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa, que completa a súa paisaxe con San Simón e a ría de fondo.
 

A entidade, que agrupa perto dunha vintena de asociacións e colectivos da comarca, comeza así a súa actividade anual, que combina o labor divulgativo coa reivindicación dirixida a defender o territorio e o seu patrimonio natural.

Esa é a razón de ser da plataforma desde a súa formación en 2011, cando se fundou para bloquear a execución dun parque eólico na zona máis alta da península do Morrazo. "Comezou enfocada aos chamados montes do Morrazo, pero foise estendendo a protección dos cinco concellos que conforman a península –Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa–", rememora Cándido Martínez Rodríguez, que o domingo exercerá como guía na ruta polo monte.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.