A entidade, que agrupa perto dunha vintena de asociacións e colectivos da comarca, comeza así a súa actividade anual, que combina o labor divulgativo coa reivindicación dirixida a defender o territorio e o seu patrimonio natural.
Esa é a razón de ser da plataforma desde a súa formación en 2011, cando se fundou para bloquear a execución dun parque eólico na zona máis alta da península do Morrazo. "Comezou enfocada aos chamados montes do Morrazo, pero foise estendendo a protección dos cinco concellos que conforman a península –Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa–", rememora Cándido Martínez Rodríguez, que o domingo exercerá como guía na ruta polo monte.
A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.