Por un monte galego con futuro convoca concentracións o 21 de agosto: “A política forestal do PP queima os nosos montes”
Chama a se concentrar en cidades e comarcas.
A plataforma Por un monte galego con futuro, integrada por ducias organizacións, colectivos e asociacións, convoca concentracións nas cidades e comarcas galegas para a vindeira quinta feira, 21 de agosto.
“A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas” é o lema desta convocatoria, que decorrerá a partir das 20 horas.
‼️A política forestal do PP queima os nosos montes e as nosas casas
— CIG (@galizaCIG) August 17, 2025
📍Concentracións este xoves 21 de agosto, ás 20:00 horas, nas cidades e comarcas
📢Mobilízate "Por un Monte Galego con Futuro"#LumesNuncaMáis pic.twitter.com/2aJRki4ki0
A plataforma naceu para defender outro modelo de monte para a Galiza que non pase pola simple forestación e apostando por un monte diverso e multinacional, mostrándose moi crítica coa polític a forestal da Xunta da Galiza.
Por un monte galego con futuro ten realizado nos últimos anos diferentes propostas e achegas de cara a un modelo de combate contra os incnedios que parta tanto da prevención como de alicerzar unha política forestal diferente á actual. Neste tempo, ademais, ten convocado difernetes mobilizacións contra os plans forestais da Xunta da Galiza.
A Galiza leva máis dunha semana sufrindo unha vaga de incendios sen control que calcina máis de 51.220 hectáreas, a maioría na provincia de Ourense que mantén vixente a Situación 2. Así, segundo o último informe ofrecido pola Consellaría do Medio Rural, na mañá deste domingo, atópanse sen extinguir un total de 18 lumes.