Mobilizacións e folga para reivindicar que "os dereitos das mulleres non se confinan"

Manifestacion 8 de Marzo(Foto: Arxina)
Centos de mulleres participaron nas 'columnas'que percorreron as cidades na mañá deste 8-M, que terá o seu ramo nas mobilizacións e concentracións da tarde en numerosas localidades galegas.

As cidades galegas acollen desde esta mañá, Día Internacional da Muller Traballadora, as primeiras mobilizacións de mulleres, marcadas pola pandemia e a distancia de seguridade, nun ambiente festivo e de reivindicación. Son o preludio das mobilizacións centrais convocadas por Galegas 8 M para a tarde desta xornada.

Así, centos de mulleres nunha xornada que tamén é de folga feminista -convocada pola CIG e  CUT-, marcharon en columnas apeladas ao longo da nas cidades de Santiago de Compostela, Ourense, Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Lugo, entre outras localidades.

'Sen  coidados non hai vida ' é o lema deste ano, marcado pola pandemia e no que o colectivo feminista denuncia que a crise sanitaria "agravou" a situación das mulleres no ámbito laboral e familiar.

"Mulleres unidas, xamais serán vencidas", "Non, non, non, á discriminación", "Nin criadas, nin escravas, mulleres liberadas", "Queremos emprego, traballo xa temos" son algúns dos lemas que se puideron escoitar nestas mobilizacións, nas que tamén se denuncia a sociedade do " patriarcado".

Ademais, ao longo da mañá tamén se puideron observar nas rúas e centros de traballo piquetes informativos sobre a folga á que foron apeladas as mulleres nesta xornada de reivindicacións.

“As primeiras horas da folga de mulleres deste 8 de Marzo están marcadas polos abusivos servizos mínimos decretados en sectores como a sanidade ou os coidados, que exceden con moito a actividade que, mesmo nesta situación de pandemia, se establecen para un domingo ou un festivo, máis tamén pola combatividade do feminismo de clase”.