Mobilizacións e accións no 8 de marzo

Imaxe: GZcontrainfo

Diferentes colectivos convocan actos neste día en diversas cidades e localidades do país.

A manifestación nacional do pasado domingo, 6 de marzo, en Compostela ('Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita') non puxo o ramo ás mobilizacións e actos do feminismo galego polo 8 de marzo. Mais ben foi un 'pistoletazo' de saída, que ten hoxe unha xornada na que decorrerán actos e mobilizacións en diferentes puntos do país.

A Marcha Mundial das Mulleres convoca, baixo o lema 'Construíndo o feminismo, destruíndo o capitalismo' accións en Ferrol, Ourense e Vigo. Na primeira, unha cocnentración que decorrerá a partir das 19:00 horas na Praza do Inferniño. En Ourense haberá 'mani-festa-acción' con saída da Alameda. Será ás 20:00 horas. E na cidade olívica haberá manifestación, 20:00 horas, desde a Praza de Portugal.

En Compostela, a Plataforma Feminista Galega convoca un 'pasarúas feminista'. Será a partir das oito e media da tarde e comezará na Porta do Camiño para percorrer rúas e prazas da zona vella.

A Secretaría da Muller da CIG convoca para concentracións simultáneas, ás 12:00 horas, en todas as ciudades agás Ourense, onde será ás 11:30 horas, baixo o lema “Precarias” para denunciar o enorme deterioro das condicións laborais das mulleres en Galiza; o incremento das desigualdades e os recortes sociais.

A CORUÑA: na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home

FERROL: diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón

SANTIAGO: diante do Zara na Praza de Galiza

VIGO: diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz

LUGO: diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo

PONTEVEDRA: na Praza 8 de marzo

OURENSE: diante do Gadis da Rúa do Concello