A mobilidade dentro da Galiza reábrese do 23 ao 25 para visitas familiares de Nadal

Cun chamamento a reducir ao máximo os encontros festivos máis alá do núcleo de conviventes e a advertencia de que as restricións poden endurecerse a semana que vén se os casos aumentan, a Xunta actualiza o seu plan de Nadal, que acouta a dez persoas –cun máximo de seis adultas e catro crianzas– as reunións e permite até a noite do 25 a mobilidade entre localidades para visitas familiares. As medidas, que serán controladas por 11.000 axentes policiais, pretenden evitar un aumento dos contaxios, que nos últimos días se manteñen estábeis, e minimizar a terceira vaga da pandemia.
Na Coruña a mobilidade segue limitada, agás entre o 23 e o 25 

(foto Concello da Coru)ña
photo_camera Na Coruña e no resto das cidades, agás Ourense, a mobilidade perimetral segue limitada. (Foto: Concello da Coruña)
Comentarios