Galiza suma 27 casos de coronavirus e hai 3 en estudo

Claudio Furlan (Europa Press)

Os casos de coronavirus confirmados na Galiza polo Centro Nacional de Microbioloxía elévanse a 27 e hai tres máis en estudo.

Así o trasladou nunha comparecencia ante os medios o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, acompañado do subdirector xeral de Información sobre a  Saúde e  Epidemioloxía,  Xurxo  Hervada, e do xerente do  Servizo  Galego de  Saúde, Antonio Fernández-Campa, tras presidir a comisión de seguimento do coronavirus.

Na comparecencia, Feixoo avanzou que, durante 15 días, fíxase o límite de visita dunha persoa por paciente ingresado en calquera hospital galego e a unha visita por interno nas residencias de maiores.

Así mesmo, recoméndase optar por consultas telefónicas no canto de ir ao hospital, sempre que sexa posíbel; e limitarase o aforo de eventos a 1.000 persoas.

A nivel estatal, o boletín das 13.00 horas recollía 418 positivos máis que ás 18,00 horas desta segunda feira. 35 persoas faleceron e 135 curáronse desde o inicio da epidemia.