Seis mil vítimas de violencia machista en Vigo en catro anos

[GalizaContrainfo]

Na cidade de Vigo foron asasinadas 4 mulleres en 2 meses –máis da metade da cifra total na Galiza no que vai de ano. Tanto o xulgado de violencia sobre a muller como a Rede veciñal contra os malos tratos denuncian a falta de vontade política fronte ao terrorismo machista.

 

“Recibín seis mil mulleres en catro anos”. Eis a cifra que dá a xuíza Paz Filgueira, responsábel do Xulgado de violencia sobre a muller de Vigo. Filgueira refírese ao partido xudicial vigués, isto é, para alén da cidade olívica, os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, unha delimitación administrativa que abrangue 338.996 persoas –segundo os dados do IGE correspondentes a 2014­­ das cales, 176.968 son mulleres.

Seis mil testemuños de violencia machista que pasaron por diante de Filgueira desde 2014 representan o 3,4% das mulleres do partido xudicial de Vigo. Os seus relatos, sinala a xuíza, son “arrepiantes”.

En conversa con Sermos Galiza, a maxistrada advirte do número de casos que acolle diariamente o tribunal en materia de violencia machista. “Aquí hai temporadas altas e baixas”, sinala, “tres casos ao día é a media” mais “no período estival”, é dicir, entre os meses de xuño e setembro, “son cinco casos” diarios.

Podes ler a reportaxe íntegra no número 171 do semanario en papel. Á venda desde esta quinta feira nos puntos habituais e na nosa loxa.