1.500 euros anuais menos por pensionista

persoas maiores

70.000 millóns de euros. É a cantidade que nos vindeiros 8 anos, e no conxunto do Estado, vai ficar sen ir o peto d@s pensionistas por mor da reforma do goberno español. Unha reforma que suporá que un pensionista cobre 1.500 euros menos ao ano. Un proxecto ideolóxico que prepara o camiño para o asalto á caixa das pensións

É o bocado gorentoso do modelo de benestar: a caixa das pensións. A Seguridade Social recada anualmente uns 110.000 millóns de euros en cotizacións. "Por iso hai, desde un tempo, interese en xerar debates falsos sobre a sostibilidade dese sistema para vender a idea de que non hai outra que facer reformas. E esas sempre son en detrimento d@s pensionistas". 

O goberno español prepara unha reforma que, afirma, permitirá "aforrar" 33.000 millóns de euros en 8 anos. Mais a realidade é contraria a esta propaganda. Diso alertan economistas e colectivos sociais e cidadáns. Cada pensionista verá como lle furtan 1.500 euros anuais. Cantidade que tería que perceber e que non vai chegar aos seus petos.

"O debate sobre as pensións non é técnico, de facer contas, é ideolóxico"

Esa ideoloxía subxacería na memoria económica do proxecto de reforma das pensións que prepara o goberno español. O propio executivo non ten reparo en sinalar que vai supoñer un importante recorte no poder adquisitivo d@s pensionistas nos vindeiros anos. Mais que é o único camiño para evitar a quebra da Seguridade Social, e que é unha decisión técnica, non ideolóxica. "Mentira, mentira e mentira", indican desde a Comisión de Federacións de Pensionistas.

Artigo completo neste número do Sermos Galiza, o 66, disponíbel nos quiosques ou na nosa loxa