Calvos de Randín marcou -5,2 graos, a temperatura máis baixa da Galiza esta madrugada

Varias persoas xohan na neve no Alto do Rodicio, Maceda, o 25 de febreiro.
A Galiza recupera este domingo a influencia anticiclónica.

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou na madrugada deste domingo as temperaturas máis baixas de toda a Galiza, 5,2 graos baixo cero.

Segundo os datos solicitados por Meteogalicia, a Calvos de Randín séguenlle Baltar (-4,4) ou Viana do Bolo (-2,6). Tamén ao redor dos dous graos e medio baixo cero queda a localidade de Lalín.

A previsión do servizo meteorolóxico galego sinala que a Galiza recupera este domingo a influencia anticiclónica. Deste xeito, o ceo presenta nubes e claros con posibilidade de chuvascos ocasionais no norte de Lugo durante a mañá.

 

 

Ademais, as temperaturas mínimas descenden lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, forte en mar aberto entre Estaca de Bares e a Costa da Morte. 

A combinación de aire polar, vento do nordés e ceos despexados propiciará que as temperaturas sexan moi baixas, especialmente polas noites. 

Por outra banda, dado que non haberá precipitacións, a neve non fará a súa aparición, pero si se esperan xiadas que poderían ser intensas.