Un mes vivindo no coche e sen axuda dos servizos sociais. Eis a situación dun veciño das Somozas

Este veciño das Somozas leva un mes durmindo no seu coche (Foto: Europa Press).
Aos 42 anos, este veciño das Somozas ten unha pensión "moi pequena, das non contributivas" e que por iso tratou de buscar axuda no Concello nun primeiro momento.

Un veciño das Somozas, de 42 anos de idade e que está a piques de cumprir un mes vivindo e durmindo no seu coche, criticou que tras acudir ao Concello e entrevistarse co alcalde este non lle ofreceu ningún tipo de axuda nin colaboración.

"Nin tan sequera para un bocadillo", detallou o devandito veciño.

Este veciño das Somozas relatou que se viu obrigado a durmir no seu coche despois de que a súa nai, coa que convivía, o botase da casa.

Segundo o afectado, a súa nai "non está ben e ademais non toma a medicación".

Ante esta situación, acudiu ao Concello das Somozas para solicitar colaboración da Administración local, onde chegou a entrevistarse co alcalde, Juan Alonso Tembrás (PP).

"Nada de nada"

Con todo, asegura que non lle ofreceu "ningún tipo de solución, nada de nada, ningún tipo de axuda”.

Aos 42 anos, este veciño das Somozas ten unha pensión "moi pequena, das non contributivas" e que por iso tratou de buscar axuda no Concello nun primeiro momento.

"Dixéronme que non había nada", relatou este veciño que sostén que se lle acontecese o mesmo noutro municipio da zona "o resultado sería distinto".