Membro da plataforma contra os eólicos en Monfero denuncia ante a Garda Civil ameazas telefónicas

Acto fundacional do colectivo veciñal en Monfero (Foto: Monfero di non).

Ademais de insultos e ameazas, advertírono de que o teñen controlado, “a el e a súa familia”.

Un integrante da plataforma veciñal ‘Monfero di non’ - colectivo que traballa na oposición a proxectos eólicos nesta zona que entenden que prexudican medioambiente e veciñanza - presentou denuncia esta segunda feira n cuartel da Garda Civil de Campo Longo.

Unha denuncia, indican desde a plataforma en redes sociais, que deriva das ameazas e insultos que esta persoa está a recibir vía telefónica. “Foi avisado de que o tiñan controlado a el e a súa familia”, sinalan.

Tamén penduraron un extracto dunha das chamadas recibidas. Nela, unha persoa diríxese despreciativamente cara a este membro da plataforma: “No vengas a tocar los cojones, eres un puto payaso, un mamarracho, tú y tu familia”.

“Non imos deixar que traten de atemorizarnos”, afirman desde este colectivo. A plataforma centra o seu traballo de denuncia e movilización en torno a 2 proxectos eólicos: o de Taboada e o de Pena do Corvo.

A veciñanza de Monfero afectada polo parque eólico Pena do Corvo, que o pasado 29 de maio iniciou a súa tramitación a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco), a principios de xuño a plataforma "Monfero di non", avalada por unha trintena de persoas no seu acto fundacional