Melide presentará a 30º Festa do Melindre en Compostela

Melindres, doces que protagonizan a festividade en Melide. (Foto: Deputación da Corua).
Unha exposición reunirá a historia do evento os próximos días 7 e 8 de maio.

O Concello de Melide presentará a próxima quinta feira 7 de abril o 30 aniversario da Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, que terá lugar os días 7 e 8 de maio, con actividades previas desde a quinta feira 28 de abril.

Café Solidario

O acto terá lugar na aula gastrocultural do Mercado de Abastos de Compostela a partir das 12.00 horas, e estará precedido desde as 10.30 horas dun café solidario con melindres cuxa recadación que se destinará en axuda directa ao pobo ucraíno a través da ONG Itínera Faciendo Nenos de Ucraína na Galiza.

Nos actos colaborarán cedendo produtos a Asociación de repostaría tradicional Melide Terra Doce, o café Arraigos de Melide, e as entidades Coffee Spirit e CLUN, cooperativas lácteas unidas.

Entre as novidades que se avanzan para 30 aniversario, atópase unha exposición conmemorativa das tres décadas de evento con paneis informativos e fotográficos, que se inaugurará en Melide a sexta feira 29 de abril.

Presentación do programa

O programa completo da trixésima edición da festa presentarase oficialmente logo de ter xa realizado diferentes actividades de promoción previa durante os meses de setembro a marzo por toda a Galiza que formaron parte da programación e consistiron en diferentes obradoiros impartidos por Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de repostaría tradicional Melide Terra Doce

A Concellería de Promoción Económica continuará anunciando nas próximas datas as seguintes actividades da promoción da "festa máis doce da Galiza".