Medios aéreos combaten un incendio en Culleredo

Foto:@FranqueiraSefa

Iniciouse sobre as catro da tarde perto do Polvorín e provoca unha gran columna de fume visíbel desde diferentes puntos da comarca.

Catro helicópteros e dous hidroavións combaten desde o aire un incendio en Culleredo, que se orixinou pasadas as catro da tarde. Unha gran columna de fume é visíbel desde diferentes puntos da comarca coruñesa.

A proximidade do lume a núcleos de vivendas é o principal motivo de preocupación. No aeroporto de Alvedro están pendentes tamén da evolución do incendio pola posibilidade de que afecte ao tráfico aéreo.

A falla de dados oficiais, a sperficie afectada por este lume rondaría as 15 hectáreas ás 20:00 horas. As lapas chegan até A Zapateria, na Coruña, e non se desbota que haxa que cotar o tráfico na Trceira Ronda se a situación así o exixe.