Tres días e máis de mil hectáreas queimadas

Foto: @briftabuyo

Na mañá deste domingo permacece activo o lume de Ribeira-Porto do Son, que afectou 175 hectáreas e están controlados o de Zas (21 Has.), Monforte (465 Has.) e Lobeira (150).

Desde a madrugada da quinta feira até este domingo na Galiza producíronse ducias de incendios que suman unha superficie queimada que xa supera as mil hectáreas. É a primeira vaga de lume deste verán no noso país, con focos en diferentes áreas, orixinándose os máis importantes na zona de Ourense e sur de Lugo e na costa coruñesa. Desde a Xunta da Galiza inídese na intencionalidade dos incendios. O conselleiro de Medio Rural, José González, afirmaba este sábado que apareceran varios artefactos incendiarios n distintos puntos afectados polos incendios forestais rexistrados nas últimas xornadas e que as autoridades detectaran a sospeitosos do lume rexistrado en Ribeira.

Este incendio é o que permanece activ, mais estabilizado, o na mañá deste domingo, segundo informan do 085. Afectou xa 175 hectáreas nos concellos de Ribeira e Porto do son. Este cálculo é provisional até que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 22 axentes, 36 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 5 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Permanecen controlados os lumes de Zas-Muíño (últimas medicións indican que afectou 20,9 ha); Monforte de Lemos (465 Has.) e Lobeira (150 Has), este último rexistrado no Parque Natural do Xurés.

Ficaron extinguidos os incendios de Fisterra (134,1 hectáreas) e Cenlle (45,91 Has).