Medio millón de hectáreas de eucalipto en Galiza. Adega pide prohibición e moratoria

mapa-eucaliptus-08

Denúnciao Adega, que pide, ao abeiro da decisión en Portugal de conxelar até 2030 a plantación de eucalipto,  prohibir o eucaliptus nitens por invasor e fixar moratoria para o globulus.

A decisión de Portugal de conxelar a plantación de eucaliptos até 2030 axiña tivo eco en Galiza, país veciño. “Na Galiza o eucalipto medra nunhas 500.000 hectáreas e aumentando”, denuncian desde Adega, Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. Cobre case o 17% de todo o territorio galego. Por iso, os ambientalistas apostan en prohibir o eucaliptus nitens por invasor e fixar moratoria para o globulus.

“O Eucaliptus nitens, especie que pola súa resistencia ao frío está a ocupar territorios antes vetados ao Eucaliptus globulus, é unha especie exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas, como resolveu o Comité científico do Ministerio español do ambiente”. Isto afirma Adega, de aí que se solicite a prohibición de plantalo.

Para o resto das especies do xénero eucaliptus, “nomeadamente o E. Globulus”, maioritario nas explotacións forestais, debería establecerse unha moratoria para novos plantíos seguindo o exemplo de Portugal, considera Adega.

Establecer unha fiscalidade verde

Adega considera que a plantación de eucaliptos debería estar gravada cun imposto que contribuíra a reverter parte as perdas que a súa explotación comporta á sociedade. “O aproveitamento intensivo do eucalipto comporta o deterioro de servizos ecosistémicos que como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística, son importantes para a vida e o mantemento das actividades económicas da nosa sociedade”. A isto engaden que inciden tamén na maior frecuencia e intensidade dos lumes; na contaminación de terras e rías con agroquímicos e subprodutos das celulosas; no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión.

En consecuencia, e tal como acontece con outras "ecotaxas" ou impostos verdes (céntimo sanitario nos combustíbeis, canon eólico ou hidroeléctrico)