Médicos denuncian os riscos da atención sanitaria non presencial

O malestar polas limitacións á atención sanitaria non presencial déixase notar ao longo de toda Galiza. As protestas vividas nos últimos meses en diversas localidades do país e as mobilizacións convocadas para esta terza feira 21 de abril por SOS Sanidade son unha mostra evidente do descontento existente na sociedade. Mentres o Goberno galego insiste por boca do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en manter este modelo máis alá da pandemia, os profesionais sanitarios advirten dos seus riscos para a saúde das e dos usuarios.
Os centros de saúde apenas rexistran actividade presencial. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Os centros de saúde apenas rexistran actividade presencial. (Foto: Nós Diario)
Comentarios