As máscaras serán de uso obrigatorio

O uso da máscara será obrigatorio onde non se garantan os dous metros de distancia (Imaxe: Marta Fernández Jara)
O uso de máscaras xa era obrigatorio no transporte público e agora tamén o será en espazos fechados e abertos onde non se garanta a distancia física de seguridade. 

O uso de máscaras será obrigatorio na vía pública e en espazos fechados cando non se poida garantir o cumprimento da distancia mínima de seguridade entre persoas, fixada en dous metros. No transporte público as máscaras xa eran obrigatoria. 

Así o acordaron esta segunda feira, 18 de maio, o Goberno estatal e as comunidades autónomas durante a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. O uso das máscaras quedará regulado nunha orde ministerial que se publicará nos próximos días.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou ademias o envío de material de protección como luvas e máscaras a todas as comunidades e anticipou que se "dará autonomía" para o detallar as condicións de certas actividades dentro da fase 2.

Nesta reportaxe publicada a principios de mes, Susana Rois falaba dos diferentes tipos de máscaras e como usalas.