Marilar Aleixandre: "É necesario un diario que recolla unha pluralidade de voces e perspectivas"

Marilar-Aleixandre

Máis unha voz a se pronunciar sobre 'O Diario Galego'. A da escritora, académica e colaboradora do semanario Sermos Galiza Marilar Aleixandre. "A cultura galega está invisibilizada nos diarios en papel actuais", afirma.

Aleixandre ve moi necesaria a aparición dun "diario en galego", dun meio que "recolla a pluralidade de voces, opinións e perspectivas [con especial compromiso co feminismo] que existen na Galiza".

 

Para a escritora, é moi importante que o novo meio -cuxo lanzamento está programado por Sermos para 2019- "non se perciba cunha liña moi determinada ou cunha orientación política moi específica". "Creo que a idea é facer algo transversal en certa medida", engade.

 

'O Diario Galego' está chamado, pensa, a cubrir un oco, o da atención á cultura galega, "invisibilizada" nos actuais diarios en papel.