María Osorio sairá en liberdade o 7 de setembro após 6 anos de prisión

Maria Osorio

A presa independentista pasou neste tempo por varios cárceres, ningún deles en Galiza.

Foi detida en 2011 en Lugo canda o seu compañeiro, Antom Santos, acusada de pertenza a Resistencia Galega. A Audiencia Nacional condeouna a 10 anos de prisión, pena que foi reducida após a presentación de diversos recursos. Após cumprir case 6 anos de prisión en diferentes cáreceres españois, María Osorio sairá en liberdade a vindeira sexta feira – 7 de setembro.

 

A presa independentista está recluída actualmente na prisión de Mansilla de las Mulas (León). Clasificada como FIES-3 (o que se aplica a presos independentistas galegos), Osorio estivo sometida á dispersión penitenciaria, pasando por varios penais do Estado español, ningún deles en Galiza.