Centos amosan a súa solidariedade con María Osório

Até 10 concentracións tiveron lugar nas principais vilas e cidades do país para amosar a solidariedade coa independentista presa.

 

Após a detención de María Osório na vila de Ponferrada (O Bierzo) centos de persoas amosaron a súa solidariedade coa veciña de Becerreá en senllas concentracións decorridas esta segunda feira. 

Ao berro de 'María Osório, liberdade', @s manifestantes rexeitaron a condena imposta pola Audiencia Nacional española contra Osório e que ascende a 7 anos 9 meses e 1 día de privación de liberdade por "pertenza a organización terrorista" e "falsidade documental". 

Osório, que foi trasladada a Madrid pouco despois de ser detida, atópase agora na capital española á espera de ser posta a disposición xudicial. Segundo informaron fontes do organismo anti-represivo, Ceivar, á independentista seralle asignada unha prisión provisoria na terza feira, moi probabelmente Soto del Real. Posteriormente será trasladada á cadea na que cumprirá definitivamente a súa condena.