A Marcha Mundial das Mulleres inicia unha recollida de sinaturas para exixir a dimisión de Louzán

O presidente da RFGF, Rafael Louzán (Foto: RFGF).
Desde a Coordinadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres denuncian "a complicidade co machismo por parte de Rafael Louzán, máximo mandatario do fútbol galego e da institución que representa" e exixen a súa "inmediata dimisión".

A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) promove unha recollida non só simbólico senón tamén para recadar forza e apoios sociais co obxetivo de presentar ante a Valedora do Pobo a “exixencia de dimisión a Rafael Louzán, polas deportistas e as mulleres galegas”.

Desde a Coordinadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres denuncian "a complicidade co machismo por parte de Rafael Louzán, máximo mandatario do fútbol galego e da institución que representa" e exixen a súa "inmediata dimisión".

De acordo coa MMM, as futbolistas galegas “non poden ter como máximo dirixente a quen apoia e respalda comportamentos machistas, mafiosos e violentos como o de Luis Rubiales, presidente da RFEF, contra as propias xogadoras e contra os colectivos que socialmente defendemos o dereito de todas as mulleres a unha vida sen violencia”.

O deporte galego, nomeadamente o feminino, “merece o apoio social e colectivo na loita contra o machismo, hoxe máis que nunca”, acrecentan ao tempo que indican que “todo o mundo o deporte feminino e as mulleres erguen a súa voz contra a agresión a Jenni Hermoso e contra todas as que se veñen producindo”.

"Responsabilidade colectiva"

Para a MMM “é responsabilidade colectiva apartar non só os corruptos e os que agreden senón tamén a quen cala, respalda e disculpa estes comportamentos”.

Por ese motivo fan unh chamamento aos colectivos e ás galegas e galegos a apoiar esta exixencia e mostrar a forza da mesma a través “das sinaturas que acompañarán a nosa voz” ante a Valedora do Pobo caso de non producirse a inmediata dimisión de Rafael Louzán.