Denuncian unha "montaxe policial" para penar a crítica ao sionismo como delito de odio
A Brigada de Información da Garda Civil acusa Bruno Lopes dun delito de odio na redes sociais por criticar o sionismo, denuncia Mar de Lumes.
Mar de Lumes denunciou esta terza feira un caso que cualifican de persecución política. Nesta ocasión, sinalan, contra Bruno Lopes, activista nos movementos sociais de Ferrolterra e da solidariedade por Palestina, quen recibiu unha citación xudicial por un pretenso delito de odio nas redes socias nunha acusación construída de oficio pola Brigada de Información da Garda Civil.
Desde Mar de Lumes consideraron que esta "confunde o anti-sionismo co anti-semitismo e trata de restrinxir a liberdade de expresión e estender o medo".
Afirmaron que, a pesar dos casos de persecución, "nin así nos van calar porque denunciar os culpábeis e os cómplices do xenocidio e a ocupación constitúe un mínimo democrático".
