Manuel Rivas, sobre os lumes: "A Xunta é unha facción inútil, que lle apliquen xa o artigo 155"

Manuel Rivas

Un clamor abalou as redes durante estas horas negras para Galiza. Un coro de voces a percorreren o rego de cancelos como #ArdeGaliza #QueimanGaliza #Galiza ou #ForzaGalicia. Un feixe de chíos a ecoaren indignación, e entre eles o dun dos escritores de maior reputación do país, un Manuel Rivas crítico coa Xunta, mais tamén cos meios amigos de Monte Pío.

 

 

 

Rivas, en todo caso, foxe do caneo curto e pede unha reflexión a serio e en profundidade, sobre a orixe do problema.