Un clamor abalou as redes durante estas horas negras para Galiza. Un coro de voces a percorreren o rego de cancelos como #ArdeGaliza #QueimanGaliza #Galiza ou #ForzaGalicia. Un feixe de chíos a ecoaren indignación, e entre eles o dun dos escritores de maior reputación do país, un Manuel Rivas crítico coa Xunta, mais tamén cos meios amigos de Monte Pío.
Galicia arde: sabemos a verdade, mais ningún medio influínte a conta: A Xunta é unha facción inútil que merece que lle apliquen xa o 155.
— manuel rivas barrós (@Rivasbarrs) 15 outubro 201
Rivas, en todo caso, foxe do caneo curto e pede unha reflexión a serio e en profundidade, sobre a orixe do problema.
Agora, dor e apoio ao máximo. Máis haberá que ir logo á causa das causas: Galicia vai ser un eucaliptal coa terra desecada. Por qué?
— manuel rivas barrós (@Rivasbarrs) 15 outubro 2017