Máis de medio cento de veciñas soben o Monte da Neve contra os eólicos en Celanova

Unha dalgunhas das persoas particpantes na I Marcha en defensa da auga, a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve (Nós Diario)

A plataforma 'Stop Eólicos do Xurés-Celanova' reuníu este sábado nunha mobilización de protestas contra  o que considerán "invasión eólica" máis de medio cento de veciñas e veciños, alén das que acompañaron à saída diante do Mosteiro de Celanova a primeira hora da mañá.

Máis de vinte asociacións e colectivos, entre elas clubs deportivos, entidades veciñais como as de Vilanova dos Infantes e Ramirás, os Comités de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e do Val do Limia, grupos ecoloxistas como Verdegaia, Adega, Amigos da Terra e plataformas que loitan contra  o que consideran "invasión eólica" en todo o país, apoiaron a 'I Marcha en defensa da auga, a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve'.

A marcha partiu da praza Maior de Celanova, diante do Mosteiro, e subiu precisamente aos catalogados como “lugares primitivos da fundación” do Mosteiro e da vila: o chamado Monte da Casa da Neve, onde unha empresa con sede en Alemaña, segundo explican desde a organización, "pretende chantar un polígono eólico que convertería en terreo industrial máis de 500 hectáreas de prados e bosques".

O proxecto consta de 7 aeroxeradores de 180 metros de alto, visíbeis desde toda a contorna e aproveitando as facilidades que concede a normativa vixente para levantar unha instalación industrial a menos de 1 quilómetro das poboacións, "algo que estaría prohibido en Alemaña", apuntan..

Impactos ambientais

No alto do monte, desde a chaira coñecida como Pozos da Lagoa, "onde aínda non hai tantos anos emerxía a auga no inverno", os participantes foron guiados por Xosé Benito Reza, ex director xeral de Conservación da Natureza no goberno galego no período 2005-2009, e polo arqueólogo Davide Pérez, para constatar os impactos ambientais e patrimonios que ocasionaría o plan da empresa no caso de executarse.

Ademáis, visitáronse os lugares do neveiro da Casa da Neve, os restos da mina romana a ceo aberto, e a área que domina todo o val onde estudos recentes sitúan a Casa Grande da familia de San Rosendo e as Torres de Belbís. Tamén se indicaron os lugares de mámoas no que os informes arqueolóxicos vén unha continuación do conxunto megalítico do Laboreiro.

Participación veciñal

Na marcha participaron veciñas de Bande, Muíños, Cartelle, Ramirás, A Merca, Ourense, Verea e Celanova, e algúns representantes políticos, como a parlamentaria do BNG, Noa Presas, e o concelleiro nacionalista en Celanova, Leopoldo Rodríguez, así como membros de avrios colectivos ecoloxistas.

A última hora, tamén enviou a súa adhesión o colectivo de Mulleres Rurais As Pegureiras de Allariz, sumándose aos vinte e cinco colectivos participantes.