Máis un feminicidio no Estado español

O crime machista aconteceu en Móstoles (Madrid). A cifra de feminicidios ascende a 51 no que vai de ano. Seis deles na Galiza.

 

A violencia machista deixa máis un asasinato no Estado español. Aconceteu no municipio de Móstoles (Madrid) esta quinta feira. O home foi prendido pola policía e pasou xa a disposición xudicial. 

O home apuñalou cunha arma branca a que fora a súa compañeira até matala. Con este caso a cifra de feminicios no conxunto do Estado español ascende a 51, seis dos cales se produciron na Galiza. 

Na primeira quincena de agosto foron asasinadas no estado, 6 mulleres: Verónica Frías (Málaga), Sara Fernández (Pazos de Borbén), Mari Carmen Marín (Almería), Yolanda Aniorte (Orihuela, Alacant) e Ana María Márquez (Torrox, Almería).