Máis de 1.400 lóstregos caeron na Galiza en 24 horas

Os lóstregos protagonizaron a fin de semana. (Foto: Europa Press)
As altas temperaturas e os raios de sol foron aproveitados por moitas persoas nalgunhas zonas do litoral galego para visitar as praias, ficando sorprendidas pola rápida transformación meteorolóxica cara á chuvia e a tempestade.

Meteogalicia contabilizou máis de 1.400 lóstregos entre as 12 horas deste sábado e as 12 horas deste domingo. En concreto, as horas de máis actividade eléctrica foron entre as 20 horas e as 4 horas.

Na tarde do sábado os lóstregos concentráronse maioritariamente na zona sur da comunidade, mentres que a partir da medianoite do domingo afectou en maior medida á zona central do país.

Segundo a información de Meteogalicia, durante a xornada do sábado foron contalizados 696 lóstregos, polos 692 durante as primeiras horas do domingo. Algunhas destas treboadas estiveron acompañadas de sarabia.

Despois de ter pasado a tormenta eléctrica, o resto da xornada deste domingo experimentará chuvascos ocasionais e con treboadas localizadas. Tamén terá lugar unha baixada das temperaturas.

Para este domingo, a Axencia Estatal de Metereoloxía mantén un aviso amarelo por choiva e tormentas nas zonas montañosas do interior. Aínda que non se espera que se experimente unha intensidade eléctrica similar á que tivo lugar nas primeiras horas da xornadas.

A previsión meteorolóxica a comezos da semana anunciou que a Galiza viviría un sábado e domingo de altas temperaturas, propias do verán. Porén, o ambiente soleado non durou máis que unhas horas.

Con todo, a medida que avanzaron os días, a previsión foi cambiando, e finalmente  o tempo cambiou repentinamente pasando dos raios de sol aos lóstregos das fortes tormentas rexistradas en toda a xeografía galega.

As altas temperaturas e os raios de sol foron aproveitados por moitas persoas nalgunhas zonas do litoral galego para visitar as praias, ficando sorprendidas pola rápida transformación meteorolóxica cara á chuvia e a tempestade.