#ArdeGalicia, trending topic

Cinco lumes asedian Vigo e obrigan ao desaloxo de vivendas en Pazos de Borbén

A vaga outoniza de lumes propágase no sul do país e neste momento cinco incendios merodean a cidade de Vigo e obrigan ao desaloxo de vivendas en Pazos de Borbén. A impresión é que o dispositivo de incendios da Xunta -desmantelado a finais do verán segundo denuncias da oposición- está ultrapasado polos acontecimentos. O país rexista 80 incendios desde o sábado.

Chamas sen control e unha fronte de catro quilómetros. Lumes desatados en Ponteareas, Redondela e Pazos de Borbén -onde se tiveron que desaloxar moradas- uníronse para devastar centos de hectáreas e representar unha ameaza para Vigo. As lapas atinxen tamén Baiona e Gondomar.

 

O incendio de Ponteareas levou por diante 1.200 hectáreas e acabou alastrando até chegar a Pazos de Borbén na madrugada do domingo. O intenso fume até obrigou a cortar a estrada PO-250.


As condicións de vento e as altas temperaturas, até os 34 graos en Pontevedra, complican extraordinariamente a situación.

 

Os lumes tamén incendiaron as redes sociais e, destarte, neste momento #ArdeGalicia é trending topic no estado.