O lume arrasa 6.000 hectáreas en menos de dous días nunha decena de concellos

Imaxe: @jesusvivel

As lapas obrigaron a evacuar varias aldeas en Entrimo. Os diferentes incendios afectaron a granxas, viñedos e danaron o parque natural do Xurés.

Os incendios arrasaron 4.000 hectáreas en menos de dous días nunha decena de concellos galegos, principalmente no sur de Ourense, onde se rexistran os lumes máis importantes. A Xunta decretou o Nivel 2 de alerta nalgún destes incendios e mesmo se procedeu a evacuar a veciñanza en aldeas como A Illa ou Bouzodrado (Entrimo). Nes concello o incendio calcinou máis de 2.300 hectáreas. O lume tamén creou momentos de tensión en Monterrei, onde arderon 130 hectáreas.

Non foron estes os únigos lumes nestas horas, pois tamén Borobás (con 520 hectáreas arrasadas) e Oímbra, con máis de 1.500. En Muíños as lapas deron conta de 800 hectáreas do parque natural do Xurés. Aquí a combustión de mato e árbores chegaron a acadar os 500 grados centígrados. En Muíños e Oímbra os incendios calcinaron medio cento de cortizas, castiñeiros, alpendres e viñedos.

Mais non só Ourense sofreu nestas horas incendios. En Lugo hai lumes na Fonsagrada, con máis de 104 hectáreas afectadas, e Navia de Suarna, onde se chegou a declarar o Nivel 2, xa desactivado, na parroquia de Rao. E no Barbanza, en Boiro, onde un incendio calcinou 35 hectáreas na parroquia de Bealo.

Demisión

O sector de Autonómica da CIG-Administración reclámalle á Xunta de Galiza a posta en marcha de medidas de prevención “para paliar a lacra dos incendios forestais” que están a afectar especialmente a provincia de Ourense. Dende a central nacionalista esixen tamén a dimisión do director xeral de Ordenación e Produción Forestal pola súa incompetencia á hora de xestionar a loita contra os lumes.