Lugo acolle o II Encontro sobre os impactos da megaminaría en Galiza

[Imaxe ContraMINAcción]

A Plataforma ContraMINAcción organiza o encontro o 8 de novembro no CS Madia Leva. 

 

A segunda edición dos Enconstros dobre o impacto dos proxectos de megaminaría en Galiza terán lugar o sábado 8 de novembro en Lugo. A cidade amurallada acollerá palestras e mesas redondas sobre a problemática da minaría tomando como referencia os casos que atinxen algunhas comarcas luguesas e contará coa participación de numeros@s profesionais e activistas. 

Neste senso, o lugar elixido foi o Centro Social Madia Leva e comezará ás 10 da mañá. Ao longo de toda a xornada iranse sucedendo até 4 ponencias distintas, algunhas delas de especial actualidade como é o caso da mina que Cementos Cosmos ten na parroquia de Vila Vella en Triacastela
 

Programa

O activista Marcos Celeiro, que hai unhas semanas conversaba con Sermos Galiza sobre o que está a acontecer neste concello lugués, falará xunto co doutor en arqueoloxía, André Pena, a respeito da minaría e o patrimonio. A mediodía, María Teresa Barral (profesora da USC) e Guadalupe Rodríguez (Salve a Selva e ContraMINAcción) falarán da megaminaría contaminante que ameaza Galiza. A continuación, após o xantar no propio Centro Social, Rosa Morán, veciña de Muimenta, Margarida Prieto Ledo (Sindicato Labrego), Vidal Romaní (Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal) e Isabel Vilalba (Sindicato Labrego) afondarán nos prexuízos da minaría para a agricultura tomando como exemplo as minas da Terra Chá. 

A xornada rematará cunha palestra sobre lexislación e minarías alternativas da man do profesor de secundaria, Benedito Álvarez e Xoán Doldán, profesor da USC e presidente de Véspera de Nada. 

Desde a organización habilitaron un enderezo web para se rexistrar.