Londres permite a construción da primeira central nuclear en Reino Unido desde 1995

centralnuclear

Unha empresa francesa vai capitanear un emporio internacional para facer a central, un proxecto que o primeiro ministro, David Cameron defende apelando a que “vai crear 25.000 empregos”. Terá dous recatores e estará en funcionamento en 2023.

O goberno británico deu 'luz verde' á construción dunha central nuclear. A primeira que se vai facer nas illas desde 1995, segundo informa Euronews. Unha empresa francesa, EDF, vai ser quen desenvolva un proxecto que, como insiste o primeiro ministro David Cameron, “non vai custar unha libra aos contribuíntes británicos”. “Estamos a atraer investidores estranxeiros”, presumiu Cameron, pondo como exemplo o proxecto de central nuclear.

EDF vai encabezar un consorcio no que hai mesmo investidores chineses para facer esa central en Somerset, no sudoeste de Inglaterra. A central 'Hinkley Point C' terá dous reactores que serán quen de xerar enerxía a partir de 2023 para seis millóns de persoas.

O goberno e EDF manteñen negociacións desde hai meses sobre o prezo a pagar á empresa francesa por producir electricidade.