A loita veciñal enterra o proxecto dunha mina en Touro e O Pino

Desde agosto de 2017 as veciñas de Touro e O Pino loitan pola clausura dun proxecto mineiro a ceo aberto nas súas terras.  Tras organizarse, presentaron alegacións, recolleron sinaturas, petaron nas portas da Administración e cruzaron a fronteira do Estado para denunciar a súa situación. Onte souberon que a Xunta da Galiza emitiu a Declaración de Impacto Ambiental negativa que pon fin a posibilidade dunha explotación na comarca.
42673527332_d943186d31_o
photo_camera O 10 de xuño de 2018 unha multitude berrou contra a mina en Compostela (Imaxe: Galiza Contrainfo).
Comentarios