A loita mapuche nos ’Diálogos desde a periferia’

H. Cumilaf (Foto: Wallmapuwen)

Esta quinta feria ,coa presenza de Héctor Cumilaf, coordinador do Movemento Autonomista Mapuche, Wallmapuwen

A Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Fundación Coppieters levará a esta quinta feira, 26 de novembro,  ás 20:30 un novo encontro encadrado no ciclo Diálogos desde a Periferia. Nesta ocasión, baixo o título A loita mapuche. Contra a represión e pola participación política en Chile.

Reunidos telemáticamente arredor dun diálogo, Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa e Héctor Cumilaf, coordinador do Movemento Autonomista Mapuche, Wallmapuwen e candidato ao consello da Conadi (órgano responsábel das políticas públicas dos pobos indíxenas no estado chileno) analizarán as vías que se abren para o pobo mapuche un mes despois de que se aprobase o plebiscito en Chile por unha ampla maioría.

O reclamo do territorio, maior autonomía e a reivindicación da nación mapuche foron cuestións que  que o Wallmapuwen puxo riba da mesa na elaboración desta nova constitución, así como a representación directa dos pobos indíxenas no Parlamento chileno.

Neste ciclo que ten que como obxectivo achegar a Galiza diferentes realidades do panorama internacional, xa foron convidados referentes como o presidente Evo Morales, o sociólogo portoriqueño Ramón Grosfoguel, o intelectual arxentino Atilio Borón ou o activista chileno Pablo Allende.

O acto poderá seguirse a través da canle de Facebook da Fundación Galiza Sempre e haberá unha quenda de preguntas que poderán facer as persoas que sigan en directo o encontro e que serán trasmitidas á persoa convidada.