Evo Morales, nos ‘Diálogos desde a Periferia’ de Galiza Sempre e Fundación Coppieters

Será esta sexta feira, ás 16:00 horas, e canda o líder boliviano, participa Ana Pontón, nun acto moderado por Ana Miranda.

evo-morales-EP.jpeg
photo_camera Evo Morales (Europa Press)

A Fundación Galiza Sempre e a Fundación Coppieters organizan para esta sexta feira, día 19, ás 16 :00 horas o cuarto encontro do ciclo ‘Diálogos desde a Periferia’.

O ciclo ten como obxectivo achegar referencias no eido do soberanismo, da esquerda e dos movementos emancipatorios a Galiza. Este cuarto encontro leva por título ‘Pobos e solidariedade: Galiza e América Latina.’

Nel estará o ex presidente de Bolivia, Evo Morales, afastado do goberno por un golpe de estado a finais do 2019. Evo, manterá unha conversa con Ana Pontón, portavoz BNG e candidata ás Eleccións da Xunta, nun acto no que se reservará un tempo para respostar ás preguntas do público.

O encontro estará moderado por Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo. O encontro poderá seguirse en directo desde a canle de Facebook da Fundación Galiza Sempre: fb.com/fundacion.galizasempre

Comentarios