A loita do Sáhara Occidental, nova cita de ‘Diálogos pola periferia’

Acto en prol da soberanía do Sáhara Occidental (Imaxe: @polisario_)

Este 1 de decembro ás 20:00 horas. Contará coa presenza de Hassana Aalia, activista e refuxiado político saharauí.

Neste ciclo, ‘Diálogos desde a periferia’, que ten como obxectivo achegar a Galiza diferentes realidades do panorama internacional, a cuestión do Sáhara Occidental é vital “como entidade nacionalista galega que somos e defensora do dereito de autodeterminación de tódolos pobos do mundo”.

Reunidos telemáticamente Hassana Aalia, activista e refuxiado político saharauí e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego analizarán a situación actual do Sáhara e farán un repaso a como se chegou ao momento actual, ás expectativas após a declaración de guerra, a evolución do conflito.

O encontro estará moderado por Anxo Núñez, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova e concelleiro do BNG en Outes e poderá seguirse en directo a través das páxinas de Facebook de Galiza Nova e da Fundación Galiza Sempre.

Como é de costume no ciclo, haberá unha quenda final para trasladar as preguntas do público que estea a seguir o encontro ás persoas convidadas.