Localizan o corpo sen vida dunha muller dentro dunha piscina en Coristanco
O corpo sen vida dunha muller foi localizado dentro da piscina da súa vivenda no municipio de Coristanco, comarca de Bergantiños.
Segundo informou o 112 Galiza, o suceso produciuse sobre as 10.30 horas deste domingo e foi un familiar da muller o que chamou para pedir axuda.
Na súa chamada á central de emerxencias detallou que a súa nai se caeu á piscina, que tiña pouca auga. Desta forma, até o domicilio desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e a Garda Civil.
Unha vez no lugar, a Garda Civil, que investiga as causas do falecemento, solicitou a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.