Lidia Senra solicita visitar a prisión de Teixeiro

Centro Penitenciario de Teixeiro

A eurodeputada remitirase nos vindeiros días a Institucións Penitenciarias para acceder ao penal onde parlamentares galegas foron vetadas.

A parlamentar de AGEe, Lidia Senra, avanzou que solicitará a Institucións Penitenciarias unha visita ao Centro Penitenciario de Teixeiro. Faráo após a pregunta que rexistrou para resposta da Comisión na que require información a respeito das condicións da poboación reclusa no penal e logo de se coñeceren numerosos casos de tortura, entre eles recentemente un que está a ser instruído nos Xulgados de Betanzos e polo que están a ser investigados 6 funcionarios

Cumpre lembrar que en o acceso á prisión foille negado por Institucións Penitenciarias con anterioridade a representantes do Parlamento galego argüíndo que esa competencia corresponde unicamente a parlamentares das Cortes españolas. 

Ao abeiro do relatorio elaborado polo Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, Esculca, a eurodeputada súmase ás voces que desde Galiza solicitaron ao Comité europeo para a Prevención da Tortura (CPT) que inclúa o penal de Teixeiro na súa visita ás cadeas do Estado español previsibelmente este outono. 

Perante "as denuncias rexistradas por persoas presas neste penal e noticias aparecidas nos medios de comunicación nos últimos anos ao respecto de mortes, golpes, atención sanitaria deficiente, condicións das celdas, ausencia de actividades en algúns módulos, etc", Senra "decidiu levar este tema ante as autoridades da Unión Europea e facer que estas se manifesten e sintan o deber de tomar medidas", sinalan desde Bruxelas.