En liberdade con cargos @s 6 detid@s en Compostela

Concentración en Fontiñas

Acúsan@s de delitos de "atentado contra a autoridade" , "desordes públicas, lesións e danos" durante a manifestación da frota do cerco o 11 de marzo. As persoas arrestadas permaneceron en dependencias policiais perto de 24 horas. 

 

As 6 persoas detidas na segunda feira en Compostela foron postas en liberdade con cargos esta terza feira após prestaren declaración nos xulgados de Fontiñas durante máis de dúas horas. 

Segundo lles foi indicado acúsaselles de delitos de "atentado contra a autoridade", "desordes públicas, danos e lesións" en relación co conflito decorrido na capital galega o pasado 11 de marzo. A mobilización fora convocada polos mariñeiros da frota do cerco e rematou cunha inusitada carga policial que se espallou polo Ensanche da capital galega. Varios mariñeiros resultaron detidos. 

As probas das que se serve a xustiza para interpor tales acusacións son, segundo indican as fontes policiais recollidas polas axencias de noticias, as imaxes tiradas pola imprensa e canles de televisión nas que supostamente aparecían retratadas estas seis persoas.