A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o Plan Especial ante o risco de inundación na Galiza (Inungal), ante o perigo de desbordamento dos ríos Lérez, en Pontevedra; así como do Mera, en Ortigueira; do Furelos, en Santiso; do Mandeo, en Betanzos; do Ouro, en Foz; do Parga, en Guitiriz; do Ladra, en Vilalba, e do Tambre, en Oroso. Unha lista, advirte, que pode ampliarse nas próximas horas.
Activado o Plan por Inundacións (Inungal). Os ríos Mera (Ortigueira), Furelos (Santiso), Lérez (Pontevedra), Mandeo (Betanzos), Ouro (Foz), Parga (Guitiriz), Ladra (Vilalba) e Tambre (Oroso) superaron xa os niveis de desbordamento. Esta lista pode ampliarse nas vindeiras horas 👇 pic.twitter.com/HkaggitoCT
— 112Galicia (@112Galicia) January 16, 2023
Así o recolle a web da Axencia Galega de Emerxencias, no apartado relativo aos avisos.
Na notificación desta situación de alerta, faise constar que, segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse desbordamentos puntuais.
A borrasca 'Gerard'
A borrasca 'Gerard' mantén activa esta segunda feira unha alerta laranxa por vento no litoral norte da Galiza, con refachos que poderán chegar aos 100 km/h.
Bos días! Hoxe os protagonistas do tempo en #Galicia serán o vento, a chuvia e as ondas.
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) January 16, 2023
A #BorrascaGerard deixa avisos de nivel amarelo por chuvia e vento en terra, e de nivel laranxa no mar por ventos fortes e ondas por riba dos 6 metros.
As temperaturas en ascenso 📈 pic.twitter.com/M0VEKKNBjX
Meteogalicia informa dunha xornada marcada, ademais, pola chuvia e as ondas. Avanza unha semana complicada no mar para toda a semana, con treboadas e ondas que chegarán a superar os cinco metros.
'Gerard' é, segundo as contas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, a sétima borrasca da temporada. Adiantouse á 'Fien', que promete complicar un pouco máis as cousas a partir de mañá en todo o territorio estatal.
A Aemet confirma o aviso laranxa por vento no litoral norte da Galiza, con fenómenos costeiros. A metade sur do territorio permanecerá baixo aviso amarelo. Anuncia, tamén, precipitacións persistentes e xeneralizadas na Galiza, máis intensas en Pontevedra e na metade setentrional.
A borrasca 'Fien'
Após o paso de 'Gérard', a parte máis adversa do temporal invernal corresponderá á borrasca 'Fien', sexta da temporada, que se formará a primeiras horas desta terza feira e virá acompañada de nevadas en cotas baixas no centro e metade norte da Península, onde mesmo poderían verse copos ao nivel do mar.
La #BorrascaGerard deja hoy un mapa con muchos avisos en la Península y Baleares. Nivel naranja (peligro importante) por lluvia, nieve, viento y mala mar, y nivel rojo (peligro extremo) por temporal marítimo en Euskadi: riesgo extremo. ¡Mucha precaución!https://t.co/BLdoSsO2Qv pic.twitter.com/YM9jTilx4I
— AEMET (@AEMET_Esp) January 16, 2023
Segundo un aviso especial da Aemet, xa desde hoxe a interacción do potente anticiclón atlántico centrado ao oeste de Azores, coa profundización da borrasca 'Fien', ao sur das Illas Británicas, dará lugar á intensificación do fluxo atlántico do oeste e noroeste, facéndoo máis forte, húmido e frío.
Esta situación meteorolóxica orixinará un temporal de vento e mar mais de neve e choiva que se manterá durante boa parte da semana.
A partir de mañá esperan ventos intensos ventos do noroeste e precipitacións que tenderán a ser xeneralizadas. Xunto cun descenso térmico acusado, daranse en forma de neve en cotas que abeirarán os 500 metros.