Leandro Lamas: "O Diario Galego será unha boa axuda para o noso idioma"

Leandro Lamas

Falamos con Leandro Lamas, pintor, ilustrador, actor e director teatral, sobre Sermos O Diario Galego, o proxecto de xornal que preparamos para 2019.

-Que esperas de Sermos O Diario Galego?

 

-É unha alternativa aos xornais convencionais que hai hoxe en día e que deixan moito que desexar. Que sexa en galego é fundamental e básico para normalizar unha lingua que está tan maltratada. Será unha boa axuda para o noso idioma.

 

-Por que é necesario?

 

-Calquera cousa que se faga para axudar a nosa lingua vai ser benvida. Cada vez é máis necesario.

 

-Que pegada podería ter na creación cultural e artística galega?

 

-Promover, dar a coñecer. Saen discos e non teñen ningunha repercusión e hai verdadeiras marabillas tanto no eido musical como no teatral, no plástico ou en calquera. Aínda que existen redes que facilitan as cousas, é preciso dar visibilidade a todas as cousas que se fan neste país e que teñen moito mérito coas dificultades que existen. O goberno pon máis trancas que axudas.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]