Janssen anuncia que adía a distribución da súa vacina en Europa tras a paralización en Estados Unidos

(Foto: Europa Press).
Hoxe mesmo, día 13, o conselleiro de Sanidade da Xunta, García Caamaño, anunciaba que as vacinas de Janssen, farmacéutica da cal chegarán esta cuarta feira 8.500 doses a Galiza, empregaranse en primeiro lugar a persoas a domicilio.

A compañía farmacéutica Janssen anunciou que vai atrasar o lanzamento da súa vacina contra a Covid-19 en Europa, tras a paralización en Estados Unidos por seis casos de eventos  trombóticos en persoas vacinadas coa súa inxección.

"Revisamos estes casos coas autoridades sanitarias europeas. Tomamos a decisión de atrasar proactivamente o lanzamento da nosa vacina en Europa", explica  Janssen nun comunicado.

A ministra de Sanidade, Carolina  Darias, avanzou a semana pasada que o Esstado español ía recibir esta cuarta feira 300.000 dose da vacina de  Janssen, que só precisa dunha dose para inmunizar fronte á Covid-19.

Hoxe mesmo, día 13, o conselleiro de Sanidade da Xunta, García Caamaño, anunciaba que as vacinas de Janssen, farmacéutica da cal chegarán esta cuarta feira 8.500 doses a Galiza, empregaranse en primeiro lugar a persoas a domicilio.

Sobre estes casos de  trombos en combinación con plaquetas baixas que se notificaron en Estados Unidos,  Janssen defendeu que está "ao tanto" da recomendación dos Centros para o Control de Enfermidades ( CDC, polas súas siglas en inglés) e a Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA, polas súas siglas en inglés) de  paralizar a vacinación coa súa inxección.

"A seguridade e o benestar das persoas que utilizan os nosos produtos é a nosa prioridade número uno. Estamos ao tanto dun trastorno extremadamente raro que involucra a persoas con  coágulos de sangue en combinación con plaquetas baixas nun pequeno número de individuos que recibiron a nosa vacina COVID-19. Traballamos estreitamente con expertos médicos e autoridades sanitarias, e apoiamos firmemente a comunicación aberta desta información aos profesionais sanitarios e ao público", pormenoriza a compañía.

Estes seis casos, con todo, constitúen unha baixa porcentaxe fronte ás máis de 6,8 millóns de doses da citada farmacéutica que foron administradas en todo o país. En todos os casos trátase de mulleres de idades comprendidas entre os 18 e 48 anos, e todas elas presentaron síntomas entre seis e trece días despois da vacinación.

As autoridades sanitarias estadounidenses aconsellan que as persoas que recibisen a vacina de  Janssen contra a Covid-19 e desenvolvan dor de cabeza intenso, dor abdominal, dor nas pernas ou dificultade para respirar nas tres semanas seguintes á vacinación póñanse en contacto co seu profesional sanitario