Galiza atópase á cola a nivel estatal

A aposta orzamentaria da Xunta pola Atención Primaria fica en mínimos

O investimento que dedica a Xunta da Galiza á Atención Primaria sitúase en 182,3 euros por habitante. No conxunto do Estado, o diñeiro destinado a sufragar os servizos sanitarios non hospitalarios e especializados representa o 14,2% do gasto total en saúde, mentres que na Galiza esa cifra colócase en 11,9%. O Goberno galego só supera na dedicación de fondos en Atención Primaria o Executivo madrileño e o das Illes Balears, ficando moi lonxe dos territorios de cabeza, como Estremadura ou Castela-A Mancha.
Porta de acceso a un centro sanitario de Atención Primaria (Foto: Europa Press)
photo_camera Porta de acceso a un centro sanitario de Atención Primaria. (Foto: Europa Press)
Comentarios