O interior da Galiza, en nivel "extremo" de risco de incendio

Zonas de risco de incendios na Galiza esta cuarta feira (Foto: Xunta da Galiza).
Para esta xornada Meteogaliza prevé que se superen os 30 graos en diferentes puntos do sur do país, nunha cuarta feira no cal se prevé alcanzar os 32 graos na cidade das Burgas.

O interior da Galiza, principalmente as zonas do centro e do sueste do país, atópanse en nivel extremo de risco de incendio esta cuarta feira.

Así figura no Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI), que elabora a Consellaría do Medio Rural, no cal se observa que case a totalidade do resto da Galiza se encontra en risco alto de lume.

Factores

Para este índice téñense en conta a análise de diversos factores que inflúen no comportamento do fogo, tales como condicións de seca, humidade, temperatura e vento.

Precisamente, para esta xornada Meteogaliza prevé que se superen os 30 graos en diferentes puntos do sur do país, nunha cuarta feira no cal se prevé alcanzar os 32 graos na cidade das Burgas.