Nesta carta, asinada por 52 intelectuais galegos, criticábase que os medios de prensa, radio e televisión “fagan eco de campañas mediáticas internacionais que teñen máis que ver con intereses xeopolíticos ao servizo de grandes centros de poder, que con unha boa práctica xornalística”.
Sinalaban que boa parte dos medios da Galiza “insiste en falar de ‘ditadura venezolana’ ou do ‘réxime de Maduro’ cun ton descalificativo para un país irmán, para o seu goberno elixido democraticamente e para un pobo que exerce con soberanía a súa vontade”.
Alén, destacaban as nove eleccións xerais, de distinto carácter, realizadas no país entre 2013 e 2018 ao tempo que esixen aos medios “un tratamento máis serio, xusto e profesional, das noticias que se refiren a Venezuela”. Afirman que estas esixencias veñen a partir “do coñecemento directo que temos da actualidade venezolana” e que “este tratamento non enaltece o xornalismo, non nos fai máis cultos nin máis libres e tampouco fai honra da nosa tradición de respecto aos pobos do mundo”.
A lista de asinantes é:
Xosé Luis Méndez Ferrín
Cathryn Teasley
Dario Xohan Cabana
Xosé María Álvarez Cáccamo
Vitor Vaqueiro Foxo
Francisco Pillado Mayor
Antonio Ojea Pérez
Braulio Amaro Caamaño
Miguel Anxo Fernán Vello
Xesús Alonso Montero
Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”
Xacinto Barreiro Rodríguez
Xosé Manuel Beiras Torrado
Margarita Ledo Andión
Alfonso Álvarez Cáccamo
María Pilar García Negro
Mónica Camaño Fandiño
César Portela Fernández-Jardón
Xosé Manuel García Crego
Anxo Angueira Viturro
Celso Álvarez Cáccamo
Celso X. López Pazos
Xosé Carlos Abal López-Valeiras
Francisco Sampedro Ojeda
Ánxela Beiras
Ricardo Castro Buerguer
José Carlos Costoya
Mundo Cal
Antonio Rodríguez Cabanas
Nemesio Barxa Álvarez
Cipriano L. Jiménez Casas
Guillermo Crego
Olaia Fernández Davila
Manuel G. Garrido
Manuel de Castro
Francisco R. Veloso
Anselmo López Carreira
Francisco Lores Santacecilia
Carlos Núñez Rodríguez
Rosalía Pazo Maside
Alfonso Martínez “Chicho”
Félix Cal
Julián Hernández
Xosé Álvarez
Fernando M. Randulfe
Manuel Camaño Fandiño
Rafael Pillado Liste
Ramón Fernández Leal
Luis Borines
Sylvie Mascuñan
Erea del Río
Gustavo Luca